O Proxecto

O proxecto A realidade aumentada no mundo do mar como actividade de diversificación aporta unha visión innovadora o turismo axustándose a Estratexia de Especialización Intelixente(RIS3 Galicia) en canto a modernización do sector turístico a través das TICs basado na utilización da realidade mixta, convertindo a Illa de Arousa nun referente en Galicia na creación de contidos innovadores e aplicación nas novas tecnoloxías para o desenvolvemento do turismo poñendo en valor os recursos patrimoniais e industriais da comunidade Autónoma marcando desta forma novas tendencias a nivel internacional e axudando a desestacionalizar o turismo, ofertando a actividade a centros educativos, asociacions, programas turísticos, etc.