“UNHA OLLADA CARA O MAR” é un proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a través da Consellería do Mar por medio do Galp 5 Ría de Arousa.
Unha experiencia holográfica que te transportará e na que poderás ver de primeira man como era a actividade a principios do século XIX nesta antiga fábrica de conserva
Esta visita guiada diseñouse e desarrollouse para a sua visualización nun dos dispositivos de realidade aumentada máis destacados do momento.
Hololens permite que os personaxes creados, integrense e convivan cos obxectos existentes no espacio real da fábrica. Conseguindo unha experiencia interactiva que simula a realidade dunha forma máis cercana.
Este proxecto de realidade aumentada a través de hologramas, trata de amosar cómo era o traballo das conserveiras de mediados do século XVIII e principios do século XIX, neste caso da fábrica de conservas Göday.
Levar a cabo este proxecto supón acadar a prioridade 4 proposta polo FEMP cuxo obxectivo é o fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura e a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
O Fondo FEMP é un fondo específico de pesca e entre os seus principios está o de axudar ás comunidades costeiras a diversificar as súas economías. Deste xeito podemos dicir que este proxecto encaixa no principio da diversificación da actividade pesqueira creando unha ruta baseada no turismo mariñeiro e tomando como referencia as novas tecnoloxías, neste caso utilizando a realidade aumentada con hologramas.
Ademais, o proxecto aporta unha visón innovadora ó turismo en canto á modernización do sector turístico a través das TIC´s baseada na utilización da realidade aumentada, convertendo á Illa de Arousa nun referente en Galicia na creación de contidos innovadores e aplicación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento do turismo poñendo en valor os recursos patrimoniais e industriais da Comunidade Autónoma marcando desta forma novas tendencias a nivel internacional e tentando desestacionalizar o turismo ofertando esta actividade ós centros educativos, asociacións, programas turísticos, etc.
O proxecto vai contribuir a incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara unha nova actividade turística facendo fincapé no turismo mariñeiro coa creación dunha ruta a través da realidade aumentada. Un proxecto moi innovador debido á utilización de hololéns.
O proxecto, tamén vai permitir unha mellor accesibilidade ás persoas con necesidades especiais, aumentará a demanda e ó mesmo tempo aumentará a oferta turística polo que se crearán postos de traballo directos e indirectos coa xeración de novas actividades turísticas e manteranse os postos de traballo que xa estaban.
O obxectivo xerál do proxecto é fomentar a cultura mariñeira a través das industrias que en tempos pasados foron un nicho moi importante para o empleo, principalmente femenino, das xentes de A Illa de Arousa.
Un proxecto que pon en valor o mundo das conserveiras a través da cultura mariñeira e resaltando noso patrimonio marítimo-pesqueiro rememorando o que fai séculos foi o desenvolvemento industrial a través da salazón e as conservas.
Potenciar o patrimonio industrial que nos pobos costeiros de Galicia deixou moita pegada.E por suposto, poñer en valor o fundamental papel da muller no desenvolvemento da economía, principalmente a relacionada co mundo do mar.
Convertir o Centro de Interpretación da Conserva no epicentro da realidade histórica, social, económica e cultural de A Illa de Arousa, un pobo profundamente vinculado o mar.
Utilizarase o mismo código de comunicación que utilizan as novas xeracións, habituadas o dixital e a comunicación visual interactiva para favorecer a motivación e o aprendizaxe.
A realidade mixta e un recurso ideal para este proxecto xa que permite os usuarios interactuar de forma sencilla e en tempo real con capas de información que se añaden o entorno real da fábrica.
Elementos virtuais, hologramas, cos que se poderá interactuar aportando incribles posibilidades para o esparcemento destes coñecementos.
Queres visitar o Centro de Interpretación da Conserva de a Illa de Arousa con un grupo e disfrutar esta experiencia holográfica. Contacta con nos, estaremos encantados de atenderte.
Solicitar VisitaDíptico con información promocional do proxecto A realidade aumentada no mundo do mar como actividade de diversificación nos idiomas español e galego.
Descargar PDF